A Escola galega de consumo ven de propoñer ao alumnado de 4º ESO e FPBásica a participación nun concurso para comprender a factura da luz e tentar mellorar o consumo e contía da mesma nos fogares do alumnado.
A xornada formativa
Para comezar, o alumnado participa no desenvolvemento dunha xornada formativa de 45 minutos impartida por persoal ou técnicos do Instituto Galego de Consumo e da Competencia. Hoxe viñeron ao instituto (IES Frei Martín Sarmiento) Montse e Beatriz para explicarnos unha factura da luz, as diferentes modalidades de contratación (mercado regulado ou libre), a diferencia entre o compoñente de potencia contratada e de enerxía consumida, as medidas urxentes para mitigar o impacto da escalada de prezos, e diversos consellos para aforrar.
Como aforrar?
1. Adaptando a potencia tendo en conta os electrodomésticos, equipos electrónicos e dimensións da vivenda.
2. Desprazando o consumo de horas punta a horas chairo e val.
3. Aconselláronnos visitar a páxina web de esios, o “Sistema de Información do Operador do Sistema”, que pertence a Red Eléctrica de España, para consultar os prezos do término de facturación de enerxía activa do PVPC e así comprobar que realmente os semáforos deseñados inicialmente non eran tales xa que podemos atoparnos con prezos da enerxía moi altos en fases que deberían serían do período chairo e ata do período val.
4. Apostando pola eficiencia enerxética: lámpadas LEDs, electrodomésticos de clase A, regular a temperatura da nevera, na lavadora usar programas de lavado en frío e altas revolucións mellor que utilizar a secadora, o lava vaixelas a plena carga e con programas económicos, etc.
Tamén nos recomendaron consultar as diferentes tarifas eléctricas nos comparadores existentes. Neste caso nos recomendaban o da Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC), ahí podemos establecer unha comparativa entre as tarifas do mercado regulado e libre e as características principais de cada un deles. Unha boa forma de reducir a información asimétrica que caracteriza estes mercados.
Defensa dos consumidores
Para finalizar, contáronnos os dereitos dos consumidores, as obrigas das comercializadoras, o procedemento para realizar reclamacións e os requisitos para ter dereito ao bono social e outras axudas dos organismos oficiais, entre outras cousas interesantes.
O concurso
Agora toca seguir traballando estes conceptos na aula para presentarnos finalmente ao concurso e, de paso, conseguir un uso máis razonable da enerxía eléctrica e un aforro para os hogares do alumnado.
O Órgano convocante é o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que convoca o concurso no marco da campaña “A TARIFA ELÉCTRICA”.
O Obxecto da campaña é:
1.- Formar dende as idades máis novas a persoas consumidoras informadas e capaces de coñecer os seus dereitos e as distintas fórmulas para defendelos.
2.- Potenciar a existencia de persoas consumidoras responsables e concienciadas co medio ambiente e coas dinámicas de consumo máis sostibles e respectuosas co medio ambiente.
3.- Impulsar os coñecementos na temática concreta da facturación eléctrica e contribuír a compartir eses coñecementos no ámbito familiar.
Hola que tal hace poco di con esta web https://bachilleratoparaadultos.com/bachillerato-para-adultos-a-distancia.html y planeo comenzar el bachillerato para adultos pero quiero saber después de graduado ¿Cómo elegir la carrera adecuada para estudiar?.
ResponderEliminar